No día de onte recibimos a noticia da publicación do monográfico titulado La Educación Musical en la escuela. Recursos, experiencias y prácticas innovadoras, coordinado por Antía Cores Torres e Jesús Rodríguez Rodríguez. O volume, dispoñible en acceso aberto, recompila experiencias e propostas innovadoras desenvolvidas en distintos contextos educativos, con especial atención á inclusión, a educación emocional, o desenvolvemento da creatividade e a innovación no ensino e a aprendizaxe da música. Ao longo das súas páxinas fálase da música desde un sentido amplo, tratando temas transversais na educación como a danza, a cultura, a lingua, as novas tecnoloxías e os materiais didácticos. Ademais, neste libro atopamos a participación das nosas compañeiras e compañeiros en capítulos como:

 

        • Capítulo 2: Rincones musicales: bancos de recursos para Educación Secundaria Obligatoria (Diana Marín Suelves; M.ª Isabel Pardo Baldoví; Silvia López Gómez)

       

       

 

 

 

        • Capítulo 4: Buenas prácticas en la educación musical para el alumnado TEA. Propuesta para trabajar la interacción social, las estereotipias y el ámbito emocional (Ana Rodríguez Guimeráns; Miriam González González; Pablo Gayo Pérez; Marcos Pinaque Varela)

       

       

 

 

 

        • Capítulo 10: Creación de melodías y coreografías con Escornabot. Iniciación al lenguaje de programación con robótica educativa libre (Almudena Alonso-Ferreiro; M.ª Manuela Ordóñez)

       

       

 

 

 

        • Capítulo 16: Notas maestras: prácticas que inspiran (Carme López Fernández; Antía Cores Torres; Tania Caamaño Liñares)

       

       

 

Sen dúbida, unha gran achega ao ámbito da educación musical. Descárgao de forma gratuíta a través da seguinte ligazón: https://octaedro.com/libro/la-educacion-musical-en-la-escuela/

Share
Resumen de privacidade

A páxina web de Hornos Lamastelle S.L. utiliza cookies. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Así mesmo podes consultar toda a información relativa á nosa política de cookies AQUÍ e a nosa política de privacidade AQUÍ.

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.