Desde el Grupo de Investigación Stellae anunciamos a publicación de Educational Media: International Perspectives, un novo libro editado pola recoñecida editorial Peter Lang e coordinado por Péter Bagoly-Simó, Mehdi Khaneboubi e Bruce Allen Knight. Este volume inaugura a colección Textbooks and Educational Media, unha serie destinada a reunir estudos actuais con relación aos libros de texto e outros materiais didácticos.

A obra recentemente publicada reúne contribucións de especialistas de distintos países e ofrece unha mirada ampla sobre como os medios educativos están a evolucionar nun contexto marcado pola dixitalización, a diversidade e os novos formatos de aprendizaxe.

Dentro do libro, é posible atopar dous capítulos que contan coa participación de investigadoras e investigadores do Grupo Stellae:

  • Chapter 7. Educational Inclusion in Teaching Materials: Research Contributions, a cargo de Tania Caamaño Liñares (USC), Jesús Rodríguez Rodríguez (USC), Mª Montserrat Castro Rodríguez (UDC) e Diana Marín Suelves (UV). Nel abórdanse as posibilidades dos materiais de ensino para promover a inclusión educativa, mostrando avances e retos actuais neste ámbito.
  • Chapter 11. What Do Kidfluencers Bring to Education? Analysing Two Popular Spanish Kidtubers, asinado por Ana Rodríguez Guimeráns (USC), Patricia Digón-Regueiro (UDC) e Mª Montserrat Castro Rodríguez (UDC). O capítulo analiza o fenómeno de dous das canles de kidfluencers máis populares en España, As Ratitas e Mikeltube e explora que poden achegar estes creadores de contido infantil ao ámbito educativo.

O libro está dispoñible en acceso aberto para a súa descarga gratuita a través da seguinte ligazón: https://library.oapen.org/bitstream/handle/20.500.12657/108366/1/9781803743936.pdf#page=133

Share
Resumen de privacidade

A páxina web de Hornos Lamastelle S.L. utiliza cookies. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Así mesmo podes consultar toda a información relativa á nosa política de cookies AQUÍ e a nosa política de privacidade AQUÍ.

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.