O pasado día 11 de novembro o membro do Grupo Stellae Fernando Fraga participou no IV Congreso Internacional de Investigación Científica organizado pola Facultade de Ciencias da Educación da Universidade Nacional de Huancavelica en Perú.
A conferencia puxo o foco nos retos da Competencia Dixital e España ao facerse os 20 anos da activación das competencias no ámbito do ensino obrigatorio. A traxectoria da investigación desenvolvida estes últimos anos en diversos proxectos sentou as bases para a activación do Proxecto de Investigación aConvive (activar en aConvive hipertexto a http://stellae.usc.es/aconvive). A conferencia evidenciou a necesidade dunha nova axenda de investigación no seo do proxecto que pon o foco na necesidade de entender as implicacións dunha competencia na que se tende a limitar o fortalecemento dunha perspectiva crítica nos centros escolares. A conferencia insírese nunha acción do proxecto PID2024-157903OB-I00 financiado por MICIU/AEI /10.13039/501100011033 e por FEDER, UE.

