O equipo de investigación do proxecto  Cdepi,  (Competencia Dixital en estudantes de educación obrigatoria. Contornas socio-familiares, procesos de apropiación e propostas de e-inclusión) financiado polo Ministerio de Economía e Competitividade, participou no monográfico nº 61 da Revista de Educación a Distancia (RED) que se acaba de publicar, co título: “Competencia dixital e inclusión social en nenos e nenas de educación primaria” cuxa editora invitada é Adriana  Gewerc.

O monográfico reúne unha serie de artigos que poñen de relevo os resultados do proxecto  CDEPI a través de diversos temas: unha análise da perspectiva de xénero en relación coa seguridade dixital, a influencia dos contextos socioculturais no desenvolvemento da competencia dixital e os resultados da  aplicaciòn do cuestionario ECODIES que permiten coñecer o nivel de desenvolvemento da competencia dixital en distintas comunidades españolas.

Este número da revista (co selo  o selo de calidade  FECYT e  indexada en  SCOPUS) posibilita achegar os resultados do proxecto a todos os interesados.

Deixámosvos aquí as ligazóns cos que podedes acceder aos diferentes artigos:  https://revistas. um.es/rede/ issue/ view/17871 
 
Share
Resumen de privacidade

A páxina web de Hornos Lamastelle S.L. utiliza cookies. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Así mesmo podes consultar toda a información relativa á nosa política de cookies AQUÍ e a nosa política de privacidade AQUÍ.

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.