A obra reúne evidencias de referencia sobre a produción, distribución e uso pedagóxico de contidos dixitais na educación escolar no panorama español. A partir do estudo comparado de plataformas comerciais e institucionais, e con achegas de expertos nacionais e internacionais, o libro ofrece un diagnóstico preciso das fortalezas e debilidades do ecosistema actual, ademais de propostas concretas para docentes, administracións e empresas edtech. Nun contexto onde a calidade do material dixital marca a diferenza entre mera tecnificación e auténtica innovación, esta obra convértese nunha guía imprescindible para orientar decisións informadas e sostibles.

O libro, coordinado por Jesús Rodríguez Rodríguez (USC), Diana Marín Suelves (UV) e Ana Luisa Sanabria Mesa (ULL), está dividido en 27 capítulos de entre os cales 8 atópanse marcados pola presenza de investigadoras e investigadores do GI Stellae. Os capítulos, abordan temáticas diversas con relación á avaliación, guías e modelos de análises, comparativas internacionais, recursos dispoñibles en plataformas, os videoxogos, os libros de texto dixitais, a inclusión e accesibilidade e, unha análise lonxitudinal en materia de materiais didácticos. Atopamos así os seguintes traballos coas súas autorías:

– Capítulo 2: Evaluation Models and Guidelines for the análisis of materials in digital society. (Silvia López Gómez, Jesús Rodríguez Rodríguez, Diana Marín Suelves, Cristina Sánchez Martínez)

– Capítulo 3: Textbook evaluation policies in Brazil, Spain and Portugal. (María Helena Mariano de Brito Fidalgo Esteves, Edilson Aparecido Chaves & Antía Cores Torres)

– Capítulo 7: Analysis of the supply of digital educational resources from institutional platforms. (María Inmaculada Fernández Esteban, José Pablo Franco López, Raúl Eirín Nemiña & Ana Luisa Sanabria Mesa)

– Capítulo 15: From Super Mario to Minecraft: assessing the development of key competences in compulsary secundary education through video games. (Mercedes Romero Rodrigo, Pablo Gayo Pérez, Sara Martínez Carrera & Melanie Sánchez Cruz)

– Capítulo 16: Digital textbooks under scrutiny. (Nerea Rodríguez Regueira)

– Capítulo 24: The selection of digital materials and resources in Secondary Education: an educational guidance proposal. (Cristina Ceinos Sanz, Sandra Navarro Sánchez, Ana Parada Gañete & Juan José Sosa Alonso)

– Capítulo 25: Good practices for ensuring universal accesibility of educational resources in Secundary Education. (Ana Rodríguez Guimeráns, Mª Isabel Vidal Esteve, Mª Montserrat Castro Rodríguez, José Mª del Castillo-Olivares Barberán)

– Capítulo 27: Initiatives and proposals of the CAVILA didactic materials group after 25 years of reflective análisis. (Denébola Álvarez-Seoane, Marta Esplugues Cebrián & María del Camino Pereiro González).

A publicación está dispoñible para descarga gratuita a través do repositorio da Universidad de Santiago de Compostela na seguinte ligazón: https://hdl.handle.net/10347/42649

Share
This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.