Os días 25 e 26 de marzo, catro integrantes do noso grupo de investigación participaron no XX Congreso Internacional de la Red de Universidades y Educación Inclusiva (RUEI) e nas XL Jornadas de Universidades y Educación Inclusiva, celebradas na Universitat de Valencia. Este encontro, centrado no lema “Transformando actitudes en inclusión educativa y social. Contribuciones desde la práctica y la investigación”, reuniu a profesionais e investigadores comprometidos cunha educación máis xusta e inclusiva.

A nosa participación combinou espazos de diálogo e a presentación de comunicacións derivadas das investigacións realizadas. Por unha banda, Ana Rodríguez Guimeráns formou parte da Mesa redonda 5: Tecnología y Educación, na que se reflexionou sobre o papel das tecnoloxías na inclusión nas diferentes etapas educativas, reunindo a perspectiva da investigación, da aula, do sector empresarial e do alumnado en formación.

Ademais, o equipo presentou tres comunicacións que reflicten algunhas das nosas liñas de traballo actuais:

  • “Accesibilidad y diversidad en recursos digitales STEM: Evidencias desde el contexto educativo gallego”, presentada por Eva María Barreira-Cerqueiras, Pablo Gayo-Pérez e Ana Rodríguez Guimeráns.
  • “Inteligencia artificial en Educación Infantil: percepciones docentes y potencial para la inclusión del alumnado con TEA”, a cargo de Ana Rodríguez Guimeráns, Tania Caamaño Liñares, Mª Montserrat Castro Rodríguez e Jesús Rodríguez Rodríguez.
  • “El desarrollo de la competencia emocional del alumnado considerado NEE mediante los videojuegos: una revisión de la literatura”, presentada por Pablo Gayo Pérez, Tamara Castro Mosquera, Esther Fernández Rego e Ara María Alejandro Ferreiro.

A participación neste congreso supuxo unha valiosa oportunidade para dar a coñecer o noso traballo e seguir fortalecendo vínculos con outros grupos e iniciativas no ámbito da educación inclusiva. Este tipo de espazos permítennos continuar aprendendo, contrastando enfoques e enriquecendo as nosas investigacións actuais.

Share
Resumen de privacidade

A páxina web de Hornos Lamastelle S.L. utiliza cookies. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Así mesmo podes consultar toda a información relativa á nosa política de cookies AQUÍ e a nosa política de privacidade AQUÍ.

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.