O Grupo de Investigación Stellae colabora na organización do Curso de Verán “Pedagoxía do primeiro ciclo de Educación Infantil: fundamentos, práctica e acompañamento”, que se celebrará os días 25, 26, 29 e 30 de xuño de 2026  na Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida) en Santiago de Compostela.
A iniciativa está dirixida por José Pablo Franco e conta con Esther Vila como secretaria do curso. A formación abordará diferentes aspectos relacionados coa educación infantil de 0 a 3 anos, combinando fundamentos teóricos, experiencias prácticas e dinámicas participativas impartidas por profesionais especializados no primeiro ciclo da educación infantil.
O curso está destinado a estudantado universitario de Educación Infantil, estudantes do ciclo superior de Educación Infantil e profesionais desta etapa educativa. Contará, ademais, co recoñecemento de 1 crédito ECTS para estudantes de grao da USC.
Só 30 prazas!

Matrícula aberta dende o 14/05/2026 ata o 12/06/2026.

https://www.usc.gal/es/servicios/area/cultura/extension/universidad-verano

Share
This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.