O grupo de investigación Stellae coñecido polo seu traballo innovador e comprometido coa mellora do sistema educativo, uniuse ao programa A Xanela das Rías, de Cadea SER Coruña, para lanzar unha nova sección dedicada á educación. Esta colaboración busca ofrecer á audiencia unha visión profunda e crítica sobre os temas educativos máis relevantes, ademais de propoñer solucións aos retos que enfronta o sector.

Un espazo para a reflexión e o debate

Nesta nova sección, os investigadores do grupo de educación teñen un espazo todos os xoves ás 19,20hs. para abordar cuestións crave sobre a evolución do sistema educativo en Galicia, os avances tecnolóxicos nas aulas, os modelos pedagóxicos innovadores e os desafíos no ensino público e privado. Ademais, ofreceranse entrevistas con expertos, docentes, estudantes e familiares, co obxectivo de achegar unha visión máis próxima e enriquecedora sobre as experiencias e problemáticas do día a día educativo.

O contexto educativo en Galicia e España

Uno dos principais focos da nova sección será analizar a situación educativa en Galicia, onde, aínda que se lograron avances, aínda persisten desafíos como a fenda dixital, o acceso equitativo á educación e as condicións laborais do profesorado. Tamén se abordarán temas a nivel nacional, como a transformación dixital nas aulas e as reformas nos currículos educativos

A sección comezou a emitirse o 4 de setiembre de 2025. Para máis información, podes sintonizar A Xanela das Rías os xoves a as19,20hs.  en Cadea SER Coruña, ou o podscat https://cadenaser.com/…/la-ventana-de-a-coruna/2556/ e seguir o grupo de investigación a través das súas redes sociais.

Share
Resumen de privacidade

A páxina web de Hornos Lamastelle S.L. utiliza cookies. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Así mesmo podes consultar toda a información relativa á nosa política de cookies AQUÍ e a nosa política de privacidade AQUÍ.

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.