Os días 22 e 23 de outubro desenvolveuse o XVII Seminario de Avaliación de Materiais Didácticos Jaume Martínez Bonafé, un espazo de reflexión e intercambio que este ano centrou a súa atención na temática “Xénero e materiais didácticos”.

Durante o seminario, diversas expertas analizaron como os materiais que empregamos nas aulas non son neutros, senón que reproducen estereotipos, roles e prácticas propias da sociedade cisheteropatriarcal, influíndo así nos procesos de socialización e aprendizaxe do alumnado de todas as etapas

O encontro combinou experiencias, mesas de diálogo e espazos de investigación, creando unha atmosfera de debate crítico e construtivo que culminou cun innovador escape room temático “Código Violeta: o enigma dos materiais didácticos”, no que as persoas participantes tiveron que poñer en práctica os coñecementos adquiridos de maneira lúdica e colaborativa.

O grupo de investigación Stellae tivo unha presenza destacada nesta edición a través da participación de varias das súas investigadoras en diferentes obradoiros:

Ángela González Villa e Uxía Fernández Regueira impartiron o taller “Publicidade, redes e cultura visual: o currículo oculto nas aulas”, no que se abordou a influencia da cultura visual e mediática na construción de identidades e desigualdades de xénero.

Ana Rodríguez Guimeráns e Silvia López Gómez desenvolveron o obradoiro “IA, contos e xénero”, explorando o potencial e os riscos da intelixencia artificial na creación de relatos e materiais educativos con perspectiva de xénero.

Pablo Gayo Pérez e Inés Merayo guiaron a sesión “Análise e avaliación crítica de materiais didácticos desde a perspectiva de xénero”, centrada en ofrecer ferramentas prácticas para revisar e transformar os recursos educativos desde un enfoque inclusivo e equitativo.

O seminario, que xa vai pola súa decimoséptima edición, consolidouse, unha vez máis, como un espazo de aprendizaxe compartida e compromiso coa transformación educativa, no que o grupo Stellae reafirma o seu traballo a favor dunha educación crítica, igualitaria e comprometida coa xustiza social.

Share
Resumen de privacidade

A páxina web de Hornos Lamastelle S.L. utiliza cookies. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Así mesmo podes consultar toda a información relativa á nosa política de cookies AQUÍ e a nosa política de privacidade AQUÍ.

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.