Skip to main content

O IES Antonio Fraguas dedica a súa semana cultural  a Bob Dylan

O IES Antonio Fragua do concello de Santiago de Compostela, levou a cabo hai algúns días un proxecto educativo no que todas  as actividades realizadas viraron ao redor da temática do recente Premio Nobel de Literatura “Bob Dylan”.

A idea xurdiu por iniciativa do profesor do centro, Rafael Varela, e rapidamente viuse secundada polo equipo de Biblioteca do instituto, do que forma parte Dores Sanz, membro do grupo Stellae. 

Ao longo da semana sucedéronse conferencias, visionado de películas, recitais de letras de Dylan en diversas linguas (entre elas grego e latín) e  actuacións musicais. O alumnado foi o verdadeiro protagonista.

Unha exposición guiada permitía indagar na historia da súa vida e das súas cancións e aproximar a época e a figura de Dylan ao alumnado. Un concurso de vinilos decorados formou  tamén parte do programa.

Os medios de comunicación fixéronse eco das distintas actividades da semana. Todo un éxito que se iniciou coa semana dedicada ao escritor James Joyce, fai xa varios cursos.

http://www.crtvg.es/informativos/bob-dylan-foi-ou-protagonista-dá-semana-cultural-do-ies-anton-fraguas-de-santiago-2691217  

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2017/02/01/xornalista-lider-grupo-casa-herreroos-ultimos-discos-bob-dylan-tratado-filosofia-proxecto-relator/0003_201702S1C12993.htm

 

 

Resumen de privacidade

A páxina web de Hornos Lamastelle S.L. utiliza cookies. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Así mesmo podes consultar toda a información relativa á nosa política de cookies AQUÍ e a nosa política de privacidade AQUÍ.

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.