O investigador predoutoral e integrante do Grupo de Investigación Stellae, Pablo Gayo Pérez, está a realizar unha estadía formativa no marco das Axudas de Apoio á Etapa Predoutoral, financiadas pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional. Esta axuda constitúe unha oportunidade para avanzar e enriquecer o seu proxecto de tese de doutoramento.

En concreto, o noso compañeiro está a desenvolver a súa estadía na Universidade Federal Rural de Rio de Janeiro (UFRRJ), en Nova Iguaçu (Brasil), baixo a supervisión da profesora e investigadora Dra. Márcia Denise Pletsch, profesora titular da área de Educación Especial do Departamento de Educación e Sociedade. A Dra. Pletsch é, ademais, coordinadora do Observatório de Educação Especial e Inclusão Educacional (ObEE) e está vinculada ao Núcleo de Acessibilidade e Inclusão da UFRRJ.

Como inicio deste período formativo, o noso compañeiro realizou unha presentación titulada «A educación e a educación especial en España e Galicia», dirixida ás persoas integrantes do ObEE. Así mesmo, durante o resto da estadía desenvolverá un plan de traballo orientado a coñecer a situación da educación inclusiva no Brasil e a aproveitar unha experiencia que, sen dúbida, lle achegará importantes aprendizaxes tanto no ámbito académico como no persoal.

Moita sorte nesta nova aventura!

Share
Resumen de privacidade

A páxina web de Hornos Lamastelle S.L. utiliza cookies. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Así mesmo podes consultar toda a información relativa á nosa política de cookies AQUÍ e a nosa política de privacidade AQUÍ.

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.