Durante catro xornadas, José Pablo Franco López, Pilar Parajó Naveira, Cristina Llinares Francisco, María Dolores Santiso Casal e Fernando Sueiro Barreiro compartiron coñecementos, experiencias e reflexións arredor da Educación Infantil de 0 a 3 anos.
O curso acolleu a estudantado, mestras e educadoras de escolas de diferente xestión, así como profesorado de ciclos formativos de Educación Infantil, procedentes de distintos puntos de Galicia e mesmo de Cataluña.
Apostouse por unha metodoloxía activa e participativa, con debates, análise de vídeos, xogos, simulacións e outras dinámicas que favoreceron a aprendizaxe compartida. Todo isto foi posible grazas á implicación e compromiso das persoas asistentes. Este interese pon de manifesto a necesidade e pertinencia dunha formación específica para o primeiro ciclo de Educación Infantil.
Moitas grazas a todas e todos os que formastes parte desta experiencia.
Agardamos volver atoparnos en futuras edicións!
Share
Resumen de privacidade

A páxina web de Hornos Lamastelle S.L. utiliza cookies. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Así mesmo podes consultar toda a información relativa á nosa política de cookies AQUÍ e a nosa política de privacidade AQUÍ.

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.