Os membros do Grupo de Investigación Stellae Adriana Gewerc, Fernando Fraga-Varela e Leizer Fernandes Moraes participan entre os días 21 e 24 de outubro no evento XIX Conferencia Latinoamericana de Tecnoloxías de Aprendizaxe LACLO2024 (https://laclo2024.org/). Este considérase o evento máis importante en educación, computación e tecnoloxía no ámbito latinoamericano.
Adriana Gewerc, Fernando Fraga-Varela y Leizer Fernandes Moraes acudiron para presentar el traballo con el título “Use of social networks by IFG undergraduate positiva polos revisores para a súa publicación nos procedementos de Springer correspondente á serie “Lecture Notes of Educational Technology”. Isto prodúcese nun contexto moi esixente dado que se presentaron máis de 150 traballos dos cales foron valorados positivamente menos do 50%.
O GI Stellae tamén participan na organización do evento satélite de LACLO: O primeiro evento Latinoamericano de Ciencia Aberta e Educación Aberta. Estas xornadas representan a primeira actividade conxunta da relación entre a rede REUNID (da que forma parte GI Stellae) e a Rede de Datos Abertos en Educación. Alí Adriana Gewerc, en conxunto con Rocío Anguita (coordinadora de REUNID) presentan o traballo que se realizou en REUNID para o apoio á Ciencia e a Educación Aberta.



