Os membros do grupo de investigación Stellae Pablo Gayo Pérez, Ana Rodríguez Guimeráns e Jesús Rodríguez Rodríguez, xunto coa compañeira da Universidade da Coruña, veñen de publicar o artigo “Diversity and the right to education: The evolution of inclusion in Spanish law (1970–2020)” na revista Journal of Research in Special Educational Needs (JORSEN). O artigo analiza as leis educativas do contexto español desde a Lei Xeral de Educación (LGE) ata a Lei Orgánica pola que se modifica a Lei Orgánica de Educación (LOMLOE). Mediante unha análise documental, céntrase en tres eixes: os diferentes conceptos empregados nos textos lexislativos, o modelo de atención á diversidade subxacente e as medidas de atención á diversidade que se propoñen.

Unha das principais conclusións é a distancia que aínda existe entre o compromiso legal coa inclusión e a súa aplicación real nas aulas. Aínda que as sucesivas leis educativas incorporaron a diversidade e a inclusión como principios fundamentais, persiste a falta dun modelo inclusivo claro, estable e compartido. A isto súmanse estruturas como a organización curricular e os sistemas de avaliación, que continúan favorecendo a estandarización e poden xerar procesos de segregación. A investigación destaca a incorporación do Deseño Universal para a Aprendizaxe (DUA) na LOMLOE como un avance cara a prácticas máis flexibles e accesibles para todo o alumnado. Porén, advirte de que a escolarización en centros ordinarios non garante por si soa unha inclusión efectiva se non existe unha participación plena. Ademais, a descentralización educativa e os continuos cambios lexislativos dificultan unha aplicación homoxénea das políticas.

O artigo está dispoñible na seguinte ligazón: https://nasenjournals.onlinelibrary.wiley.com/doi/10.1111/1471-3802.70167 ou a través do DOI: https://doi.org/10.1111/1471-3802.70167

Share
Resumen de privacidade

A páxina web de Hornos Lamastelle S.L. utiliza cookies. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Así mesmo podes consultar toda a información relativa á nosa política de cookies AQUÍ e a nosa política de privacidade AQUÍ.

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.