Tras pasar por Galicia (I-IV) e Portugal (V), o Congreso VI FENDA DIXITAL – INTELIGÊNCIA ARTIFICIAL GENERATIVA E OS NOVOS DESAFIOS NA EDUCAÇÃO chegou a América Latina da man da Universidade Federal do Paraná (UFPR), (Curitiba, Brasil), co apoio de Nova Escola Galega, do grupo CAVILA e outras institucións e asociacións. Supuxo un encontro internacional para abordar as oportunidades e desafíos que a IA supón para o ensino e a aprendizaxe.

Do 16 ao 18 de xullo, máis de 500 docentes, investigadoras, investigadores e profesionais da educación estiveron a debater sobre: o impacto da IA nas aulas, a formación do profesorado ante os novos retos dixitais, a necesidade da alfabetización dixital crítica e moitas outras cuestións importantes para o presente e futuro do ensino.

no seguinte enlace podedes coñecer unha boa síntese do contido co congreso. 

As sesións puideron seguirse en liña, e xa están dispoñibles algunhas das gravacións na canle de YouTube do evento: https://www.youtube.com/@FendaDixital

O congreso contou cunha ampla presenza e participación do grupo de investigación Stellae, entre eles o profesor Jesús Rodríguez Rodriguez (presidente do congreso), Inés Ramos Trasar, Adriana Gewerc Barujel, Ana Rodríguez Guimeráns,  Silvia López Gómez e Pablo Gayo Pérez.  Nos próximos meses estarán disponibles as actas do congreso. Galicia agarda a próxima edición do congreso, que terá lugar en aproximadamente dous anos.

Share
Resumen de privacidade

A páxina web de Hornos Lamastelle S.L. utiliza cookies. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Así mesmo podes consultar toda a información relativa á nosa política de cookies AQUÍ e a nosa política de privacidade AQUÍ.

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.