Comprácenos informar que o próximo día 28 de abril ás 17:30h será presentado no salón de actos, da Facultade de Ciencias da Educación do Campus Norte, o libro “Xuventude, identidade de xénero e poder nas plataformas dixitais”, que se enmarca como broche final do Proxecto EDIGA: Contornos Dixitais e Identidades de Xénero na Adolescencia, financiado polo Ministerio de Economía e Competitividade (PID2019-108221RB-I00) de España, realizado por equipos de España, Uruguai e México.

Durante a presentación desenvolverase unha mesa redonda, na que participarán: a Dra. María Mar Rodríguez Romero da Universidade da Coruña; o Dr. Jorge García Marín, a Dra. Adriana Gewerc Barujel e o Dr. Fernando Fraga Varela, da Universidade de Santiago de Compostela.

Estades todas invitadas a participar neste encontro no que compartiremos e dialogaremos, debatendo e reflexionando acerca das temáticas sobre as que versa o libro.

Deixase a continuación o enlace de acceso ao libro: https://octaedro.com/libro/juventud-identidad-de-genero-y-poder-en-las-plataformas-digitales/?mot_tcid=759b5edc-9494-432f-bd33-0169019efa22

Share
Resumen de privacidade

A páxina web de Hornos Lamastelle S.L. utiliza cookies. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Así mesmo podes consultar toda a información relativa á nosa política de cookies AQUÍ e a nosa política de privacidade AQUÍ.

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.