O pasado día 12 de febreiro publicouse o artigo Máis aló das pantallas: alfabetización dixital crítica, poder e educación escrito polo membro do Grupo de Investigación Stellae Fernando Fraga-Varela. Trátase dunha colaboración que se propón desde a Rede Universitaria de Tecnoloxía Educativa (RUTE) onde o autor é Vicepresidente, nun traballo que visibiliza a relación de RUTE coa Rede Transdisciplinar de Investigación Educativa (Retinde). A publicación do Diario da Educación ten unha sección onde se canalizan diferentes artigos por parte das entidades que forman parte da rede.

O artigo reflexiona sobre os retos que supón para o sistema educativo afrontar unha perspectiva crítica nos procesos de alfabetización dixital. Cuestiona a educación dixital actual xa que oscila entre o solucionismo tecnolóxico e a prohibición total de pantallas, evitando así formar pensamento crítico sobre como algoritmos, datos e intereses corporativos moldean a experiencia e o desenvolvemento identitario. Indícase que a prioridade son as habilidades técnicas convertindo ao alumnado en usuarios hábiles, pero non en cidadáns capaces de comprender as estruturas de poder dixital. Finalmente propón unha alfabetización dixital crítica de carácter social e político que ensine a analizar rutas algorítmicas, verificar información, protexer a privacidade e cuestionar os intereses detrás das plataformas educativas.

A colaboración ten un gran apoio no traballo de investigación que o Grupo de Investigación Stellae está a desenvolver nos últimos anos, sobre todo co actual proxecto Alfabetización Dixital Crítica para a Convivencia Escolar.

Ademais, este eixo de traballo é un núcleo das próximas Xornadas Universitarias de Tecnoloxía Educativa que se desenvolverán en Santiago os días 10, 11 e 12 de xuño organizadas polo Grupo de Investigación Stellae.

Share
Resumen de privacidade

A páxina web de Hornos Lamastelle S.L. utiliza cookies. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Así mesmo podes consultar toda a información relativa á nosa política de cookies AQUÍ e a nosa política de privacidade AQUÍ.

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.