Rebeca García Murias, membro do Grupo de Investigación Stellae, colaborou na realización do capítulo de libro titulado Intervention Design Considerations for Countries in the Global North, publicado o pasado venres 17 de maio de 2025. Este capítulo, de autoría compartida xunto con Peter C. Weber, Kaliopi Kounenou, Ntina Kourmousi, Lea Ferrari, Angela Andrei, Andreea Diana Scoda, Feride Bacanli, Nurten Karacan Ozdemir, Chong Myung Park e V. Scott H. Solberg, analiza as intervencións dirixidas ao desenvolvemento de habilidades de aprendizaxe social e emocional implantadas tanto na educación como no ámbito laboral, ofrecendo recomendacións para o deseño de intervencións que reflexen os contextos sociais, culturais e políticos dos países do Norte Global.

O libro ao que pertence dito capítulo, Social and Emotional Learning as Foundation for Future Readiness: Translating Research to Practice, ofrece unha perspectiva global sobre as habilidades de aprendizaxe social e emocional, as cales son clave para promover o éxito educativo e laboral. Unha investigación colaborativa entre investigadores/as de 19 países distintos que permite reexaminar os supostos que sustentan a teoría e a práctica do desenvolvemento profesional.

Se queres profundar máis sobre o libro e o capítulo, podes acceder aos mesmos no seguinte enlace: https://link.springer.com/book/10.1007/978-3-031-84591-8

Share
Resumen de privacidade

A páxina web de Hornos Lamastelle S.L. utiliza cookies. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Así mesmo podes consultar toda a información relativa á nosa política de cookies AQUÍ e a nosa política de privacidade AQUÍ.

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.