Rebeca García Murias, membro do Grupo de Investigación Stellae, participou os pasados días 2, 3 e 4 de xullo de 2025 no IV Congreso Internacional de Orientación Educativa Universitaria (CIOU), celebrado na Facultade de Educación da Universidade Complutense de Madrid.
Este congreso tivo como principal obxectivo reflectir o valor da orientación en tempos incertos, pois é clave para apoiar ao estudantado na comprensión das súas fortalezas, debilidades, intereses e valores, e poidan tomar decisións máis informadas sobre a súa educación e a súa vida en xeral.
O evento contou con congresistas, nacionais e internacionais, que presentaron un gran abanico de situacións e modos de levar a cabo a orientación universitaria. Neste escenario, a nosa compañeira presentou a comunicación Desarrollo de competencias socioemocionales en los/las profesionales de la orientación: experiencias de investigación en el contexto internacional.

En definitiva, un congreso práctico e útil para o traballo de orientación do día a día, xa que aporta diferentes puntos de vista e posibilidades.

