A Revista Lusófona de Educación publica, no seu número 65, o traballo titulado “A Inteligência Artificial no Contexto Universitário. Contribuições da Pesquisa”, asinado por Silvia López Gómez, Jesús Rodríguez Rodríguez e Raúl Eirín Nemiña (membros do GI Stellae, USC), xunto con Diana Marín Suelves (Universitat de València). O artigo ofrece unha revisión sistemática da produción científica máis recente sobre a IA no ámbito universitario.

A partir dun enfoque mixto, o estudo analiza como se está a integrar a IA nas metodoloxías docentes, as percepcións que xera entre o profesorado e o estudantado, así como os principais retos e oportunidades que supón para as institucións de educación superior.

Este traballo pretende ofrecer unha aproximación útil ao estado actual do coñecemento sobre esta temática, e servir de punto de partida para futuras investigacións e iniciativas en contextos universitarios.

O artigo está dispoñible en acceso aberto e pode lerse na seguinte ligazón: https://revistas.ulusofona.pt/index.php/rleducacao/article/view/10201

Share
Resumen de privacidade

A páxina web de Hornos Lamastelle S.L. utiliza cookies. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.

Así mesmo podes consultar toda a información relativa á nosa política de cookies AQUÍ e a nosa política de privacidade AQUÍ.

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.