Unha nova doutora no Grupo de Investigación Stellae
O Grupo de Investigación Stellae está de parabéns. No día de onte, 28 de xullo de 2026, tivo lugar a defensa pública da tese doutoral desenvolvida e presentada por Ana Rodríguez Guimeráns, titulada “A percepción do profesorado de Educación Infantil sobre os materiais didácticos empregados en aulas con escolarización de alumnado con Trastorno do Espectro Autista”. O traballo contou coa dirección académica do Dr. Jesús Rodríguez e a Dra. María Monserrat Rodríguez, quen acompañaron a investigadora ao longo de todo o proceso de desenvolvemento da investigación.

No acto académico, a nova doutora celebrou o peche desta etapa investigadora e o comezo dun novo camiño profesional rodeada dos seus seres queridos e compañeiras/os.

Desde o grupo queremos felicitar á Dra. Ana Rodríguez Guimeráns!
Parabéns por este merecido logro e a gozar duns bos días de descanso!

