O pasado 7 de xullo, a Universidade de Santiago de Compostela fixo entrega a Uxía Regueira, membro do grupo de investigación Stellae, do Premio Extraordinario de Doutoramento na área de Ciencias Sociais e Xurídicas. Este recoñecemento distingue a excelencia da tese de doutoramento titulada “Dispositivo de género y prácticas de participación intermediada en entornos híbridos. Un estudio fenomenográfico de mujeres adolescentes de Galicia para repensar la competencia digital”, dirixida por Adriana Gewerc, tamén integrante do grupo Stellae. Ademais de poñer en valor a calidade científica da investigación realizada, o premio recoñece a traxectoria académica e o expediente desenvolvidos pola investigadora durante a súa etapa doutoral.
Noraboa compañeira!



