O Grupo de Investigación Stellae en colaboración co Grupo Cavila de Nova Escola Galega (NEG), o concello e o colexio de Monfero e a Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela (USC) organizan o VIII Seminario-Obradoiro Internacional de Avaliación de Materiais Didácticos.
Esta actividade parte de distintos modelos de avaliación de recursos educativos destinados a ámbitos de ensino diversificados -tanto de carácter formal como non formal- co obxectivo de que os suxeitos dispoñan das ferramentas necesarias para cuestionar os propios materiais e o uso que se deriva da súa práctica reflexiva nas aulas.
Este Seminario-Obradoiro terá lugar os días 17 e 18 de Febreiro de 2017 no CPI Plurilingüe Virxe dá Cela en Monfero (A Coruña).
A inscrición xa está dispoñible na seguinte ligazón: http://nova-escola-galega.org/WebDefault.aspx?MenuInd=0&MenuId=379&Lng=gl-ES&tl=0


