Silvia López Gómez e Jesús Rodríguez Rodríguez, memordinan unha obra que presenta unha mostra de experiencias relacionadas co uso educativo dos videoxogos: “Videojuegos en la escuela, la universidad y los contextos sociocomunitarios”. Queda lonxe atribuír a estes recursos unha baixa eficacia nos procesos de ensinanza-aprendizaxe e toca, pola contra, planear de que modo as súas potencialidades poden ser postas ó servicio da comunidade educativa.
“O conxunto de achegas destaca as razóns polas que os videoxogos poden ser excelentes recursos para estimular os procesos de ensino-aprendizaxe e as metodoloxías para integrar o seu uso”. Fragmento do prólogo desta obra, a cargo de Begoña Gros Salvat (catedrática da Universidad de Barcelona) e Manuel Area Moreira (catedrático da Universidad de La Laguna).

Jesús Rodríguez Rodríguez e Silvia López Gómez
Unha obra que inclúe experiencias levadas a cabo nos últimos anos no contexto español e iberoamericano e que mostran as posibilidades que ofrecen os videoxogos á educación (aprendizaxe de procedementos, estratexias, motivación, toma de decisión, resolución de problemas, etc.). O propósito da mesma non é máis que favorecer o intercambio entre as persoas interesadas nestes recursos para o seu emprego no ámbito educativo e promover con iso, a posta en marcha de iniciativas caracterizadas polo emprego adecuado, pedagoxicamente, dos mesmos.
Etapas como educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato, formación profesional e mesmo a educación superior están representadas, asi como familias, empresas relacionadas co sector dos videoxogos e por suposto, institucións sociocomunitarias. Máis de 40 autores/as forman o cómputo desta obra, como Tania Caamaño Liñares ou Almudena Alonso Ferreiro, tamén membros deste equipo.

