As Xornadas Internacionais InclúyeT dispoñen no seu programa dun espazo para presentar e expoñer comunicacións, celebrándose os días 13 e 14 de setembro de 2017.

Ante calquera consulta ou dúbida non dude en contactar por medio do correo electrónico

jornadas.incluyet@usc.es

NORMAS XERAIS PARA O ENVÍO DE COMUNICACIÓNS

 

  • As comunicacións que se envíen deben de ser traballos orixinais que non fosen presentados a outros congresos nin publicados noutro tipo de formato.
  • As propostas deberán enviarse dentro do prazo de tempo marcado e seguindo as indicacións establecidas. A data máxima para devandito envío é o 31 de xullo de 2017.
  • Cada un dos autores non poderá enviar máis de dous contribucións. O número máximo de firmantes por comunicación é de catro persoas.
  • Ao menos o autor/a que presente a comunicación deberá inscribirse nas Xornadas.
  • Os envíos realizaranse a través da plataforma EasyChair (https://easychair.org/conferences/?conf=jii2017) en formato PDF empregando un dos modelos que podes atopar aquí.
  • Admitiranse comunicacións en galego e en castelán.

 NORMAS XERAIS PARA O ENVÍO DE EXPERIENCIAS

  • As propostas deberán enviarse dentro do prazo de tempo marcado e seguindo as indicacións establecidas. A data máxima para devandito envío é o 7 de setembro de 2017.
  • Ao menos o autor/a que presente a experiencia deberá inscribirse nas xornadas.
  • Os envíos realizaranse a través da plataforma EasyChair (https://easychair.org/conferences/?conf=jii2017) en formato PDF empregando un dos modelos que puedes atopar aquí.
  • Admitiranse experiencias en galego e castelán.
  • FORMATO DAS COMUNICACIÓNS E EXPERIENCIAS

    • É posible descargar aquí os modelos para as comunicacións:: Plantilla comunicaciones  o Plantilla experiencias docentes
    • As comunicacións presentaranse en formato de resumo extendido, de forma que conteña os seguintes puntos:
      • Autor(es): Nome, apelidos, institución e enderezo electrónico (Número máximo de autores: 4)
      • Liña temática
      • Palabras chave: entre 3 e 5
      • Resumo (máximo 300 palabras)
      • Introdución
      • Obxectivos
      • Metodoloxía
      • Resultados
      • Conclusións
      • Referencias
    • Para as experiencias propóñense os seguintes puntos:
      • Título
      • Autor(es)
      • Resumo
      • Introdución
      • Obxectivo e Destinatarios
      • Proposta
      • Resultados
    • As comunicacións terán unha extensión entre 2.000 e 5.000 palabras en total. No caso das experiencias, o número mínimo será de 1.500 e o máximo de 5.000.
    • As comunicacións presentaranse seguindo as normas de citación APA6.
    • As marxes da comunicación serán 2,5 cm por cada lado, e empregarase sangría francesa, interliñado 1,5 e fonte Times New Roman 12.
    • O nome do arquivo será apelido1ºautor_inicialnome_título (Exemplo: Campos_A_Os excluidos do século XXI)

ACEPTACIÓN DAS COMUNICACIÓNS

  • As comunicacións serán evaluadas por medio dunha revisión por pares en base aos comités organizados.
  • A notificación acerca da aceptación realizarase por medio de correo electrónico ao autor principal. A data límite para enviar notificacións é o 15 de agosto de 2017. A aceptación/rexeitamento realizarase por medio de correo electrónico ao autor principal.
  • Xunto coa notificación poderanse engadir propostas de modificación.

ACEPTACIÓN DE EXPERIENCIAS

  • A notificación acerca da aceptación realizarase por medio de correo electrónico ao autor principal. A data límite para enviar notificacións é o 10 de septiembre de 2017.

PUBLICACIÓN DE ACTAS

As comunicacións e experiencias presentadas incluiranse no libro de actas, que será publicado con ISBN.

CERTIFICADOS

Entregaranse certificados tanto aos asistentes como aos autores que presenten as súas comunicacións.