Licenciada na Sección de Pedagoxía, tras facer a especialidade de Intervención Socioeducativa, ámbito da formación, intervención e investigación, pola Universidade de Santiago de Compostela, na Facultade de Filosodía e Ciencias da Educación. Realizou os cursos de doutoramento no Departamento de Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación (MIDE) da devandita universidade. Defendeu a súa tese doutoral en 1999, centrada na avaliación da Formación Ocupacional en Galicia, pola que obtivo o Premio Extraordinario de Doutoramento correspondente a ese ano. Na actualidade é Profesora Titular do Departamento de MIDE da USC e responsable de impartir as materias de Métodos e técnicas de investigación na acción socioeducativa, e Avaliación na Educación Social, ambos do grao de Educación Social.

Compaxinou a súa actividade docente e investigadora co cargo de “Vicedecana de Coordinación de Prácticum e dos Proxectos de Mellora da Calidade” da Facultade de Ciencias da Educación durante o período 2003-2006. Na actualidade coordina o curso ponte do Grao de Educación Social e é representante da comunidade universitaria no Patronato da Fundación USC Deportiva.