Please enable JS
  • slider21.jpg

Despacho: 55

Extensión: 13836

 ORCID: 0000-0001-5063-9206

Researchgate: https://www.researchgate.net/profile/Quintin_Nunez

Dialnet: https://dialnet.unirioja.es/servlet/autor?codigo=2452411

E-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Dirección: Rúa Xosé María Suárez Núñez. (C.Sur) 15782  Santiago De Compostela (A Coruña)

Traxectoria Profesional:

 

 

É licenciado e doutor en Filosofía e Cªs da Educación (sección de Cªs da Educación) pola Universidade de Santiago de Compostela. Profesor titular no Departamento de Didáctica e Organización Escolar de devandita universidade. Máster en Pedagoxía Sistémica polo CUDEC de México. Formación en diversas técnicas psicoterapéuticas: Psicoterapia Gestáltica, PNL, Eneagrama, Análise Transaccional, etc. As liñas de traballo ás que se ten dedicado profesionalmente son: a Organización Educativa, a Comunicación nos Centros e na relación profesor-alumno e a Dinámica e Técnicas de Grupo en Educación. Dentro da liña relacionada coa Organización Educativa estaría a súa tesina titulada: “O individuo e a comunidade na obra pedagóxica de A. S. Neill e A. S. Makarenko. Análise comparativa", que recibiu o Premio Extraordinario”Psicoloxía Social e das Organizacións”, ”Oganización e Xestión de Centros Educativos", e, actualmente, a de “Organización de Centros Educativos", así como a súa actuación no ámbito da xestión, como secretario da Sección de Pedagoxía, desde 1988 a 1994 e como secretario do Departamento de Didáctica e Organización Escolar e Coordinador dos seus Programas de Doutoramento desde 1997 ata o 2005. Na actualidade continúa coordinando o titulado “Perspectivas Didácticas en áreas Curriculares" que imparte o departamento de DOE en convenio co “Instituto Piaget" do Porto (Portugal). Na temática máis conectada coa comunicación, estaría a realización da a súa tese de doutoramento titulada “A Pragmática da Comunicación e a interacción profesor-alumno no aula: análise da evolución do control relacional” que tamén recibiu o premio extraordinario de doutoramento. No 2005, obtivo outro premio nos “Vªs Premios de Innovación Educativa da USC". Na área dos grupos, estaría a impartición de materias como “Técnicas de Educación en Grupo", “Psicoloxía Social da Educación" e “Técnicas de Acción Grupal", así como a realización dun gran número de cursos de formación. Actualmente o seu interese céntrase na aplicación da teoría e a práctica das constelacións sistémicas ás organizacións e aos centros educativos. É membro didacta da Asociación Española Bert Hellinger de Constelacións familiares (AEBH) e vogal da súa Xunta directiva e imparte Talleres de Constelacións Familiares e Sistémicas e cursos e posgraos sobre Pedagoxía Sistémica. En todas estas áreas participou en proxectos de investigación e ten realizado diversas publicacións, así como asistido a Congresos e impartido múltiples cursos e seminarios.