Please enable JS
  • slider21.jpg

Un ano máis termina o curso e na materia Tecnoloxía Educativa do 3º curso do grao de Pedagoxía viviuse a experiencia de SCAPE ROOM. O alumnado en grupos debía resolver pistas e problemas relacionadas cos contidos impartidos durante o curso para poder abrir a porta e así continuar o seu camiño. Unha experiencia que resultou unha metáfora do percorrido realizado durante o cuadrimestre e que representa cuestións que nesta materia son premisas fundamentais: a necesidade de recuperar o desexo de aprender e a apertura de contidos e metodoloxías no contexto cultural das prácticas sociais contemporáneas. O proxecto que leva a cabo a materia, no marco do grupo de innovación Stellae innova, inclúe a configuración do grupo clase nunha comunidade na rede social Stellae. Unha experiencia que lles axuda a comprender o valor do colectivo para a construción do coñecemento e a avaliar de primeira man as posibilidades e limitacións das contornas tecnolóxicas.

 

A última clase da materia resultou unha experiencia excitante e estimulante á vez, tanto para o profesorado que contou coa valiosa colaboración de dúas exalumnas para o seu deseño e implementación: Uxía Fernández Regueiro e Ángela González Villa e para o alumnado.