O pasado venres 16 abril, Marcos Pinaque defendeu a súa tese titulada: “ Os materiais didácticos dirixidos ao alumnado con trastorno do espectro autista (TEA): análise da percepción do profesorado de educación primaria de Galicia” , a cal foi dirixida pola profesora Mª Montserrat Castro Rodríguez (Universidade da Coruña) e o profesor Jesús Rodríguez Rodríguez (Universidade de Santiago de Compostela e membro do grupo Stellae). Unha interesante investigación na que participaron máis de 280 docentes e na que se perciben as dificultades atopadas polos mestres e mestras de Galicia na atención á diversidade, en concreto, ó alumnado con trastorno del espectro autista.
Deixamos un enlace a entrevista levada a cabo pola Voz de Galicia ó xa Doutor Marcos Pinaque, onde afonda nalgúns aspectos desta investigación: