imprimir

No último mes, os e as integrantes do Group de Investigación Stellae participaron activamente en congresos e xornadas para difundir os resultados das diferentes investigacioness e estudos que se están a desenvolver no seo do grupo.

Distintos membros participaron nas XIX Jornadas de Redes de Investigación en Docencia Universitaria (REDES 2021) e no IV Workshop Internacional de Innovación en Enseñanza Superior y TIC (INNOVAESTIC) organizadas pola Universidade de Alacante e desenvoltas entre o 10 e o 16 de xuño. As propostas presentadas polo grupo neste espazo teñen como eixe vertebrador a ensinanza, nutrindo as súas líneas de investigación en busca de novas direccións e avances:

 https://www.youtube.com/watch?v=eMhCoJAXSiw&feature=youtu.be https://web.ua.es/es/ice/redes-innovaestic2021/documentos/redes-innovaestic-2021-libro-de-actas.pdf  (p.174)

INNUXIA

Para acceder aos resumos destas comunicación, así como os doutros que foron presentados, no seguinte enlace accédese ao Libro de Actas das XIX Jornadas de Redes de Investigación en Docencia Universitaria (REDES 2021) e do IV Workshop Internacional de Innovación en Enseñanza Superior y TIC (INNOVAESTIC): https://web.ua.es/es/ice/redes-innovaestic2021/documentos/redes-innovaestic-2021-libro-de-actas.pdf

As XVIII Jornadas Internacionales Universitarias De Tecnología Educativa: "Ecopedagogía En Paisajes Digitales: Pensando El Futuro Y Marcando El Rumbo", celebradas do 24 ao 25 de xuño do 2021 pola rede profesional RUTE (Red Universitaria de Tecnología Educativa)—da que forma parte o Grupo de Investigación Stellae—acolleu os traballos de múltiples membros do grupo:

O Grupo de Investigación tamén tivo presencia no: IX Congreso Internacional Multidisciplinar de Investigación Educativa (CIMIE) organizado pola Universidad Autónoma de Barcelona, que tivo lugar ddo 30 de xuño ao 2 de xullo; coa participación das integrantes: Ángela González Villa e Adriana Gewerc coa comunicación: Lo Público y lo Privado para los Adolescentes en las Redes Sociales: Estado de la Cuestión.

Fai uns días (7,8 e 9 de xullo) tivo lugar o XVII Congreso Nacional y IX Iberoamericano de Pedagogía organizado pola Sociedade Española de Pedagoxía (SEP) e con sede na Universidade de Santiago de Compostela no que membros do Grupo de Investigación Stellae formaron parte do comité organizador, científico e contribuiron con distintos traballos de investigación:

Para ter acceso a estas propostas e a outras presentadas no XVII Congreso Nacional y IX Iberoamericano de Pedagogía no seguiente enlace recóllese o Libro de Actas: https://www.usc.gal/libros/es/categorias/1002-la-educacion-en-red-332756-la-educacion-en-red.html#/29-formato-pdf/34-transaccion-gratis