imprimir

firenze-bg.jpeg

A Asociación Internacional de Investigación sobre Libros de Texto e Medios Educativos (IARTEM) da que forma parte da súa directiva o membro de Stellae Jesús Rodríguez Rodríguez ven de presentar a súa XVI Conferencia Internacional, que se desenvolverá entre os días 6 e 8 de abril do 2022, en Florencia (Italia).

Este ano, xira en torno ós coñecementos e habilidades disciplinarias e transdisciplinarias con temáticas como:

Metodoloxía e deseño na investigación de medios educativos/ recursos de aprendizaxe

Deseño de aprendizaxe de recursos dixitais; prácticas innovadoras no uso de medios educativos

Prácticas no uso de medios educativos durante la pandemia

Analizar libros de texto e recursos dixitais de aprendizaxe

Equidade, acceso e financiación de libros de texto e recursos de aprendizaxe dixital

Atención á diversidade e medios educativos

e moito máis... 

Estará aberta a profesionais de todo o mundo, que traballen no campo da investigación e o desenvolvemento de libros de texto e/ou medios educativos. O programa inclúe tamén, un curso intensivo para doutorandos/as o día 5 de abril do 2022.

Indicar que a fecha límite para envío de resumos é o 10 de outubro.

https://iartemconference.iuline.it/