Please enable JS
  • slider21.jpg

O próximo 21 de outubro de 16:00 a 17:00 horas terá lugar un encontro coa Revista Galega de Educación para todos os docentes e alumnado da Facultade de Ciencias da Educación da USC interesado. Está organizado por Nova Escola Galega e a Comisión de Cultura da facultade de ciencias da educación. Un acto online coordinado por Jesús Rodríguez Rodríguez, Silvia López Gómez e Tania Caamaño Liñares, membros do equipo Stellae. 

Trátase dunha magnífica oportunidade para coñecer as aportacións da RGE no marco da formación e o desenvolvemento profesional. Ó longo deste encontro, contarase coa participación de diferentes membros do consello de redacción e edición da revista, así como responsables de seccións, monográficos e outros espazos da mesma que nos achegarán dende a súa experiencia, ás aportacións da RGE no desenvolvemento profesional.