imprimir

O pasado 1 de outubro, no número 69 da Revista Comunicar, Fernando Fraga-Varela, Esther Vila-Couñago e Esther Martínez-Piñeiro publicaron o artigo Impacto dos xogos serios na fluidez matemática: un estudo en Educación Primaria. Este estudo é unha acción do Proxecto de I+D+i Contornas dixitais e identidades de xénero na adolescencia (EDIGA), con referencia PID2019-108221 RB-100, no marco do Programa Estatal de Xeración de Coñecemento e Fortalecemento Científico e Tecnolóxico do Sistema de I+D+i e do Programa Estatal de I+D+i Orientada aos Retos da Sociedade, financiado polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades do Goberno de España.

https://youtu.be/kTsTO2eTZms

Destacamos a relevancia da publicación debido á súa temática e interese en contornas escolares actuais onde se precisan referentes sobre a potencialidade de uso de xogos serios e gamificación. Tamén a posición da publicación nunha revista que na actualidade atópase en 2ª posición mundial en SCOPUS e 7ª do mundo en JCR ( top 1% e 3% mundial; percentiles 99% e 97% respectivamente). En JCR- JIF é Q1 en Educación e en Comunicación (1ª en español). En SCOPUS é Q1 en Educación, en Comunicación e en Estudos Culturais (1ª en español).

Podes acceder ao artigo neste enlace  https://www.revistacomunicar.com/verpdf.php?numero=69&articulo=69-2021-10&idioma=en 

 

comunicar