Please enable JS
  • slider21.jpg

A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Educación da que forma parte o membro do Grupo Stellae Jesús Rodríguez Rodríguez, tráennos hoxe a XIV Xornada "Os recursos educativos en galego", desta volta dedicada aos recursos educativos, maiormente dixitais, que se desenvolveron por mor das restricións derivadas da pandemia de COVID-19. Dentro do programa tamén contamos con experiencias que van da man de outra membro deste grupo, Tania Caamaño Liñares, que nos contará a experiencia de crear un banco de recursos en tempos de covid co alumnado universitario. 

O obxectivo principal desta xornada é crear un espazo para o debate e a reflexión ao redor dos recursos educativos en lingua galega, e máis concretamente:

         Coñecer os recursos en lingua galega que se desenvolveron para a educación nun contexto de distancia e illamento.
         Definir estratexias e criterios para buscalos e escolmalos.
         Promover a creación de recursos educativos e materiais didácticos propios adaptados ás necesidades contextuais e lingüísticas de Galicia.
         Impulsar a difusión de experiencias educativas centradas na utilización e elaboración de recursos didácticos en lingua galega

Estas xornadas están dirixidas, principalemente para o alumnado, o PDI e PAS das universidades galegas interesado en coñecer estratexias que axuden a mellorar o uso e coñecemento dos recursos didácticos en galego, así como profesionais interesados/as.

 

Enlace á paxina de información das Xornadas: 

https://www.usc.gal/gl/servizos/snl/dinamizacion/recursoseducativos2021.html

USC_recursos_16_9_2021