Please enable JS
  • slider21.jpg

A doutora Paula Sibilia estará xunto ao grupo de investigación Stellae, en modalidade en liña, os próximos 14 e 21 de xaneiro para impartir o seminario “Extimidad e prácticas de si. Da sociedade da vixilancia á sociedade de control”.

Paula Sibilia, ensaísta e investigadora arxentina residente en Rio de Janeiro, licenciouse en Comunicación e en Antropoloxía na Universidade de Buenos Aires (UBA), fixo unha mestría en Comunicación (UFF), un doutoramento en Saúde Colectiva (IMS- UERJ) e outro en Comunicación e Cultura (ECO- UFRJ). Dedícase ao estudo de temas culturais contemporáneos baixo a perspectiva xenealóxica, contemplando particularmente as relacións entre corpos, subxectividades, tecnoloxías e manifestacións mediáticas ou artísticas. E, desde 2006, é profesora do Departamento de Estudos Culturais e Medios, así como do Programa de Posgrao en Comunicación da Universidade Federal Fluminense (UFF).

Este seminario enmárcase nun ciclo formativo que o G.I. Stellae inicia por mor do proxecto EDIGA, Contornas Dixitais e Identidades de Xénero en Adolescencia, no cal se profundou na obra de autores como Foucault, Deluze e Guattari. Xunto coa Dra. Paula Sibilia darase un paso máis na construción deste marco teórico, ao que ela contribuíu con obras como A intimidade como espectáculo ou O home postorgánico: Corpo, subxectividade e tecnoloxías dixitais.

 Seminario Sibilia 1