Please enable JS
  • slider21.jpg

O doutor Isaac Marrero reunirase co Grupo de Investigación Stellae, a través da plataforma TEAMS, os días 11 e 25 de marzo para impartir o seminario: "Obxectos de afecto: estratexias etnográficas para traballar imaxes".

É doutor en antropoloxía visual que desenvolve a súa carreira docente en Goldsmiths, Universidade de Londres. O seu traballo examina a relación entre o activismo, as prácticas estéticas e a produción de novas condicións de posibilidade.

Este seminario integra o ciclo formativo que o G.I. Stellae está a desenvolver co proxecto EDIGA, Entornos dixitais e identidades de xénero na adolescencia, no que se afondaron en diferentes estratexias metodolóxicas, como a etnografía virtual con Elisenda Ardévol ou a análise do discurso co profesor Daniel Saur.

Esta nova perspectiva que aportará Isaac Marrero a través da súa experiencia en diferentes investigacións contribuirá ao avance das diferentes investigacións que se están a desenvolver dentro do G.I Stellae.

AAAPOSTERISAAC