imprimir

 

O próximo 26 e 27 de maio terá lugar, tanto en modalidade presencial como en liña, organizada polo grupo CEAX da Universidade de Valladolid, a IV Summer School de REUNI+D, da que forma parte o GI Stellae, baixo o título: A Tese doutoral e a Ciencia aberta: dilemas, traxectorias e toma de decisións; continuando co compromiso que iniciou a rede coa ciencia aberta e a investigación democrática.

A IV Summer School, ademais doutras actividades como conferencias e unha mesa redonda, conta cun encontro de doutorandos/ as que ten por propósito visibilizar o proceso de elaboración e dirección de teses doutorais: problemáticas xurdidas, reflexións sobre o proceso e conexións coa ciencia aberta. No Comité Organizador participan integrantes do GI Stellae como Adriana Gewerc, Uxía Regueira, Ángela González Villa e Tania Caamaño.

Na web de REUNI+D está dispoñible toda a información sobre a inscrición, o programa ou as directrices para o envío de comunicacións ao encontro de doutorandos/as: https://reunid.eu/2022/03/25/iv-summer-school-la-tesis-doctoral-y-la-ciencia-abierta-dilemas-trayectorias-y-toma-de-decisiones/

REUNID