Please enable JS
  • slider21.jpg

A revista Pedagogía Social. Revista Interuniversitaria, vén de publicar un monográfico baixo o título: “Recursos educativos y materiales didácticos en contextos sociocomunitarios”. Un monográfico coordinado por Jesús Rodríguez Rodríguez e Carmen Denébola Álavarez Seoane  (ambos membros do equipo de investigación Stellae e pertencentes á  Universidade de Santiago de Compostela) Tânia Maria F. Braga García (Universidade Federal do Paraná), José Luís Muñoz Moreno (Universitat Autónoma de Barcelona).

Un especial de actualidade que procura afondar na comprensión dos recursos educativos e materiais didácticos así como das súas función básicas, selección e aplicación para estimular, deste xeito, a reflexión e o debate sobre potenciais e limitacións  destes, no seu servicio comunitario.

Captura de pantalla 2022-03-28 a las 16.34.06.png

Podemos atopar artigos sobre o papel dos concellos na elaboración de materiais educativos (coautoría dos xa citados Jesús Rodríguez Rodríguez e Carmen Denébola Álvarez Seoane), videoxogos para fomentar a participación e o compromiso social (coautoría de Silvia López Gómez, tamén compañeira deste grupo), produción de materiais didácticos para o fortalecemento das linguas indíxenas en Mato Grosso, libros de texto como vínculo entre dinámica escolar e comunidade local, así como investigación sobre a brecha dixital e a exclusión social, programa universitarios e-learning para persoas maiores, experiencias de integración social e ocio no acosos escolar en alumnado de primaria ou a neglixencia parental.

Como son os recursos educativos e os materiais didácticos no contexto sociocomunitario?, que características pedagóxicas  teñen? Ou cales son as súas particularidades, potenciais ou limitacións? Son algúns dos interrogantes aos que pretenden dar resposta os diversos artigos comprendidos neste monográfico.

 

 

  

Enlace ao monográfico completo:

https://recyt.fecyt.es/index.php/PSRI/issue/view/4209