Adriana Gewerc – coordinadora do G.I. Stellae – Almudena Alonso-Ferreiro, Ángela González-Villa e Uxía Regueira asistiron os pasados 25, 26 e 27 de maio á reunión anual e IV Summer School da Rede de Investigación REUNI+D.
O encontro tivo lugar na Universidade de Valladolid e nel abordouse a intersección da Tese doutoral e a Ciencia aberta: dilemas, traxectorias e toma de decisións. Contouse coa conferencia plenaria do Dr. Óscar Luís Grazier, que ten sede de traballo na Universidade Nacional de Xeneral Sarmiento, na Universidade Nacional de Luján e recentemente na Universidade Pedagóxica Nacional de Arxentina.
Tivo lugar a mesa redonda “Miradas desde a Ciencia Aberta” coa intervención de Juliana Raffaghelli (Università degli Studi dei Padova, Italia), Jesús Valverde Berrocoso (Universidade de Estremadura) e Pablo Rivera Vargas (Universidade de Barcelona) moderada por Eduardo Fernández (Universidade de Valladolid). Ademais, propiciouse o encontro formal e informal entre o alumnado predoutoral, abrindo o diálogo ao redor das problemáticas vinculadas ao proceso de construción da tese doutoral e a súa relación coa ciencia aberta.