Please enable JS
  • slider21.jpg

Do 14 ao 17 de xuño tivo lugar o  XX Congreso Internacional de Investigación Educativa na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago.  Este congreso organizado por  AIDIPE - Asociación Interuniversitaria de Investigación Pedagóxica-, tiña como eixo principal era a Educación Inclusiva e Equitativa de Calidade. Nel participaron varios membros de Stellae presentando dúas comunicacións cos  resultados do proxecto EDIGA [Contornas Dixitais e Identidades de Xénero en Adolescencia].

Estes traballos foron presentados por dúas das nosas compañeiras: Esther Martínez-Piñeiro e Esther Vila Couñago.

Expuxéronse as seguintes comunicacións que poderán consultarse no libro de actas:

  •  PERSPECTIVA DE XÉNERO E XOGOS SERIOS EN EDUCACIÓN PRIMARIA: UN ESTUDO APLICADO NA FLUIDEZ MATEMÁTICA (Fernando Fraga-Varela,  Esther Vila-Couñago,  Esther Martínez-Piñeiro,  Ana Rodríguez-Groba)
  •  XÉNERO E SELFIES: RESULTADOS DUN ESTUDO PILOTO (Esther Martínez-Piñeiro,  Esther Vila-Couñago,  Ana Rodríguez-Groba,  Fernando Fraga-Varela)
  • aidipeaidipe.jpg