imprimir

As XXIX Xornadas Universitarias de Tecnoloxía Educativa (JUTE) foron, este ano máis que nunca, un reencontro. Poder apertarnos e vernos de novo as caras, algunhas novas e outras ben coñecidas despois de ter compartido media vida no ámbito da tecnoloxía educativa.

Estas xornadas foron tamén unha oportunidade única para presentar diversas comunicacións referidas ao proxecto do que forman parte varios membros do equipo de investigación Stellae (Jesús Rodríguez, Silvia López e Tania Caamaño) que leva por título: "Los materiales didácticos digitales en la Educación Infantil: análisis  y propuestas para su uso en la escuela y el hogar" enmarcado baixo o nome de Infanci@ Digit@l. Este proxecto parte dunha rede de colaboración nacional entre equipos de investigación da Univesitat de Valéncia, a Universidad de la Laguna, a Universidade da Coruña e a Universidade de Santiago de Compostela.

As comunicacións presentadas, xiraron en torno a diversos elementos como: o discurso do profesorado e das familias de educación infantil en canto ao uso dos materiais didácticos dixitais; o uso de xogos serios para o benestar social; a atención á diversidade e a súa presenza no materiais empregados actualmente en Galicia; ou o análise de recursos para a expresión musical entre outros. 

Unhas xornadas intensas e produtivas, tanto no plano profesional como no persoal. 

 

stellae.jpg