Os membros do grupo Stellae, Antía Cores e Jesús Rodríguez, veñen de publicar o artigo titulado "Analysis of cultural heritage in music didactic materials in Galicia" na prestixiosa revista de Educación Musical, International Journal of Music Education.
Nesta publicación analízanse álbums musicais editados en lingua galega dende a perspectiva do patrimonio cultural galego (material e inmaterial) co obxectivo
de avaliar se estes recursos que están en auxe nos últimos anos se atopan adaptados ao contexto lingüístico, musical e cultural de Galicia.
Para obter máis información sobre este estudo pode consultarse a seguinte ligazón: https://journals.sagepub.com/doi/abs/10.1177/02557614221107915