Please enable JS
  • slider21.jpg

Os días 19 e 20 de Outubro de 2022, as profesoras Elena Fernández Rey e Rebeca García Murias (USC), membros do grupo de investigación Stellae, acudiron a unha reunión internacional no marco do proxecto de investigación Improving quality standards for career learning and guidance (Guiding Schools) (2020-2023)a  2020-1-IT02-KA201-079116. Link: Project - guiding schools. 

O encontro celebrouse en ​a Hochschule der Bundesagentur für Arbeit (HdBA), University of Applied Labour Studies of the Federal Employment Agency en Mannheim, Alemaña.

Os socios, provenientes de diversos países europeos, tiveron a ocasión de discutir certos aspectos relevantes no marco da investigación e tomar novas decisións respecto o proxecto (revisión e presentación do traballo realizado en relación aos diferentes outcomes que conforman o proxecto, retroalimentación, plan de traballo, difusión e explotación dos resultados alcanzados, administración e xestión do proxecto, e próximos pasos a seguir para a preparación do próximo encontro internacional que tivo lugar no mes de Novembro en Bari, Italia).

 

1. Project Meeting photo HdBA Germany

2. Project meeting photo HdBA Germany