Please enable JS
  • slider21.jpg

Rebeca García Murias, membro do grupo Stellae, participou como editora, xunto con Clinton Enoch, Christoph Krause e Jane Porath, no libro que leva por título "Vocational Guidance in Europe Challenges, Needs, Solutions, and Development Perspectives" da editorial Springer.

Concretamente, a profesora Rebeca García, participa tamén cun capítulo "Spain: Challenges and Perspectives in Times of Inflection on Career Guidance and Counselling in Spain" no que se analizan e describen os cambios máis notables na sociedade actual que afectan á Orientación e o Asesoramento para a Carrera (CGC) e que requiren modificacións na intervención orientadora. En particular, examínanse algúns dos retos e perspectivas actuais para a CGC en España, centrándose principalmente no asesoramento a inmigrantes e refuxiados, aos cambios nos empregos da futuro/dixitalización/4.0, así como no cambio demográfico e no envellecemento da poboación activa.

Podes obter máis información aquí: https://link.springer.com/book/10.1007/978-3-031-06592-7

 

librorebecaportada