Please enable JS
  • slider21.jpg

Tal e como se avanzou hai unhas semanas a través das redes sociais do Grupo de Investigación Stellae, os días 13 e 14 de xullo de 2023  terá lugar na Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida) da Universidade de Santiago de Compostela as Xornadas Internacionais EDIGA: Xénero, entornos dixitais e adolescencia.

Estas xornadas forman parte do proxecto de investigación EDIGA "Entornos dixitais e identidades de xénero na adolescencia" financiado polo Ministerio de Economía e Competitividade (PID2019-108221RB-I00). Están dirixidas a todos aqueles colectivos interesados en aprender, reflexionar e dialogar sobre o papel das contornas dixitais na construción das identidades de xénero desde unha perspectiva educativa.

As liñas temáticas sobre as que presentar comunicacións do congreso son:

  1. O papel das plataformas dixitais na construción da identidade de xénero nos adolescentes
  2. Efectos sociais e educativos da construción da identidade de xénero nas plataformas dixitais
  3. Xénero nas prácticas dixitais na adolescencia: representación e construción da identidade
  4. Retos das institucións educativas ante cuestións de xénero nas prácticas dixitais dos adolescentes
  5. Activismo en redes e educación: feminismos e movemento LGTBITqi+ fronte aos discursos de odio e a manosfera
  6. Iniciativas educativas ao redor dos movementos LGTBITqi+, activismo de xénero e homofobia ou transfobia nas redes

Para máis información para participar no congreso acceda á web: http://stellae.usc.es/ediga/

Neste espazo, a información relacionada cos días. Estade atentas/os!

ediga