Please enable JS
  • slider21.jpg

Como viñemos avanzando nas nosas redes sociais, comezaron as presentacións do libro Materiales y recursos didácticos en Pedagogía Hospitalaria coordinado por Yésica Teijeiro Bóo e Jesús Rodríguez Rodríguez.

Como eles mesmos indican:

“Dende hai tempo decidimos unir  forzas e liñas de traballo e investigación, para coordinar esta obra co propósito fundamental de axudar a compartir experiencias e iniciativas innovadoras, e poñer a disposición dos profesionais da Pedagoxía Hospitalaria recursos e ferramentas elaboradas especificamente para os contextos de intervención vencellados á Pedagoxía Hospitalaria. Unha obra que non sería posible sen todo o traballo, apoio e xenerosidade do conxunto de autorías que a fixeron posible e que podedes atopar no índice da obra”

Entre as autoras, atopamos grandes compañeiras deste grupo como Ana Rodríguez Groba, Antía Cores Torres, Silvia López Gómez ou o propio Jesús Rodríguez Rodríguez.

321447532_465577542210428_7304348332416345777_n.jpegAna Rodríguez Groba, Antía Cores Torres, Silvia López Gómez, Yésica Teijeiro Bóo, Jesús Rodríguez Rodríguez e Laura García Docampo

 

Nesta nova presentación, tanto coordinadoras como varias autoras da obra mostraron o traballo desenvolto fronte ao público da USC.

 Agardamos moito éxito para este fermoso proxecto.

https://octaedro.com/libro/materiales-y-recursos-didacticos-en-pedagogia-hospitalaria/

 https://octaedro.com/wp-content/uploads/2022/09/08205-MUESTRA.pdf