Cristina Ceinos Sanz e Rebeca García Murias participaron na reunión final do proxecto Erasmus+ Improving quality standards for career learning and guidance (Guiding Schools) -2020-1-IT02-KA201-079116- celebrada en Gothenburg (Suecia) do 16 ao 17 de xaneiro de 2023 en formato mixto, presencial e en liña.
Na reunión ultimouse o deseño das dúas plataformas de e-guidance, unha delas destinada aos e as profesionais da orientación e outra para o alumnado de ensino secundario. As plataformas de e-guidance estarán accesibles, previo rexistro, na páxina web do Proxecto (https://www.guidingschools.eu/es).