Nos últimos días a editorial Graó publicou o libro Infanci@ Digit@l. Los materiales educativos digitales en educación infantil (Coord. Manuel Area Moreira, Jesús Rodríguez Rodríguez, José Peirats Chacón,Ángel San Martín Alonso) , que recolle os principais resultados de investigación do proxecto I+D Infanci@ Digit@l. Los materiales didácticos digitales en la educación infantil. Análisis y propuestas para su uso en la escuela y en el hogar. (Coord. J. Rodriguez, M. Area Moreira).
Neste proxecto participaron varios membros do grupo de investigación Stellae, xunto con investigadores e investigadoras da Universidade de A Coruña, La Laguna, Valencia e Las Palmas de Gran Canaria.
Este libro pretende dar resposta a diferentes interrogantes que guiaron os últimos catro anos de investigación: que tipo de materiais educativos se ofrecen dixitalmente no noso país para este ciclo escolar? Que modelo pedagóxico está presente nestes recursos? Que visión ten o profesorado e as familias destes nenos e nenas sobre os efectos educativos destes recursos dixitais? Como se usan na clase e no fogar? Existen diferenzas en función do nivel socioeconómico e cultural das familias? E en función da idade e do xénero? Que recomendacións ou prescricións se poden facer ao profesorado, pais e nais implicados para utilizar o conxunto de recursos e materiais didácticos dixitais na educación infantil con calidade educativa?
Así mesmo, no noveno capítulo deste libro recóllense os estudos de caso levados a cabo nun centro educativo de Galicia, analizándose o uso das tecnoloxías e os materiais didácticos nas aulas de Educación Infantil.