A profesora Esther Vila, membro do grupo de investigación Stellae, vén de publicar, xunto coa profesora Yésica Teijeiro e o profesor Iván García, o artigo “Buenas prácticas en educación y conciliación para la equidad social” en “Pedagogía Social. Revista Interuniversitaria”.
Neste traballo presentan unha análise de tres casos pertencentes á Comarca de Santiago de Compostela, contando coa representación da Administración local (Concello de Ames), o tecido empresarial (Tecalis) e o movemento asociativo (Asociación Recreativa e Cultural Os Tilos).
Podedes ler o artigo completo aquí:
https://recyt.fecyt.es/index.php/PSRI/article/view/98971/73665