Please enable JS
  • slider21.jpg

Uxía Regueira, membro do Grupo de Investigación Stellae, participou onte, xoves 28 de setembro, no evento Educando en Igualdade, celebrado pola Comisión Mundial pola Educación (CME) no Centro de Estudos Avanzados da Universidade de Santiago de Compostela.

IMG 20230928 WA0006

Xunto a Priscila Retamozo conversou na mesa redonda “Internet e xénero: a cousificación en tempos das redes sociais”, na cal emerxeron temas como a construción de subxectividades a través da imaxe, a violencia, a mercantilización do movemento feminista na economía de plataformas e os movementos reaccionarios que transitan ás aulas.

 IMG 20230928 WA0007

O evento foi retransmitido en directo a través da canle de Youtube da CME, onde está actualmente dispoñible para a súa visualización.